Entradas

Video EF na casa

Imagen
Para despedir este curso 2019/2020 marcado por desgraza pola interrupción do curso escolar pola pandemia provocada polo SARS-COV-2 deíxovos esta montaxe cos traballos en video e foto que me enviastes durante estes meses. O vídeo esta pensado para mirarse en smartphone. Moitas grazas a todas e todos polo voso traballo, tamén as vosas familias pola sua colaboración, agardo que vos guste o vídeo e que despidamos este curso cun grande sorriso. Unha aperta moi grande para vos e as vosas familias. Pasade un bo verán!!

Problemas co envío de vídeos

Imagen
Bo día rapazada! Algúns de vos estadesme comentando que tedes problemas para enviarme os vídeos pois o "pesar" máis de 25 MB non vos deixa enviarmo o correo. Suxirovos varias opcións: - Usar We transfer: https://wetransfer.com/. Con esta ferramenta web só tedes que poñer o meu enderezo, subir o arquivo envialo e listo!! - Usar unha nube: Subides o voso arquivo a unha nube e enviadesme unha ligazón para que eu poida velo. Hai moitas nubes, seguramente as máis coñecidas son as de Google, Drive e Photos, pero tamén tedes as de Microsoft ou Apple e moitas outras. - Subilo a youtube: Subides o vídeo a youtube e mandadesme a ligazón. Para min é a menos recomendable pois é a que menos privacidade ofrece das 3 opcións. Subilo a Vimeo: Vimeo é unha plataforma similar a Youtube pero con máis opcións de privacidade. Agardo habervos axudado! Apertas!

Propostas EF na casa semana do 1 de xuño.

Imagen
Bo día rapazada!! Esta semana propóñovos repasar algunhas das propostas que o ministerio de educación nos fixo durante este tempo a través da canle de televisión ClanTV Propostas para alumnado de 6 a 8 anos: Propostas para alumnado de 9 a 12 anos Agardo que vos gusten!! Recordade que podedes enviarme os vosos vídeos ata o venres día 12 de xuño o enderezo electrónico: Apertas!!

Propostas EF na casa. Semana do 25 de maio.

Imagen
Bo día rapazada! As propostas para esta semana son: 1.- Loco Hotel . Para tódolos cursos. Xogo relacionado coa expresión corporal no que o alumnado debe utilizar nas súas casas 6 espazos distintos. https://drive.google.com/file/d/1HEfd0Qz7zdTLcVxBnhhLuE77GAhdzIQl/view 2.- Coronavirus Attack . Para tódolos cursos. Xogo de mesa motriz, similar a oca, con exercicios relacionados cos distintos bloques de contidos de EF. https://drive.google.com/file/d/1NiDP_PVYpqYk_lPue4vE_MKrlSM2ghIk/view 3.- Ioga para nenos de primaria . Para tódolos cursos Un vídeo cunha breve sesión de exercicos de relaxación e estiramentos inspirados nalgúns caso en posturas utilizadas en Ioga. https://www.youtube.com/watch?v=v1y_yANJob0&feature=youtu.be 4.- Xogo da escaleira . Pata tódolos cursos. Xogo da escaleira, similar a oca, con distintos exercicios. Pra que traballedes tamén un pouco o idioma estranxeiro este recurso está en inglés. https://drive.google.com/file/d/1ZxPAed4i7xUC...

Propostas de EF na casa. Semana do 18 de maio.

Imagen
Deíxovos novas propostas para seguir facendo algo de exercico e coidando así a nosa saúde nas nosas  casas, agardo que vos gusten! 1º.- Un genially con propostas de exercicios válidas para tódolos cursos. https://view.genial.ly/5e9826d405770b0df1ef9d7f/horizontal-infographic-review-ef-dia-de-la-ef-en-casa 2º.- Proposta para facer figuras sinxelas de acrosport coas vosas familias. (1º a 6º de primaria) https://drive.google.com/file/d/1tG49vE-oU3gtnQ1NUILjY42Zu6csY9Ju/view 3º.- Gamificación baseada na serie "La casa de papel" para traballar sobre os valores do deporte e a EF, Válido para tódolos cursos. https://valoresdeldeporte2.wixsite.com/avemaria Agardo que vos gusten! Apertas!

Propostas de EF na casa. Semana do 11 de maio

Imagen
Bo día rapazada! Esta semana deíxovos varias propostas ben interesantes! 1.- Xogo de cartas "Flípame a EF!! (Dende infantil ata 6º de primaria) Tratase dun xogo de cartas tipo o UNO, pero con contidos saudables de EF. Persoalmente paréceme unha idea xenial este xogo. Hai que imprimir e recortar as cartas, nunha das cartas tedes as regras do xogo. Agardo que o disfrutedes! https://drive.google.com/file/d/1XYi_EMJM4GieFWasLWBBqgFZLgZI7vaC/view 2.- Oca dos habittos saudables (Dende infantil ata 6º de primaria) Deixovos outra oca dos hábitos saudables, hai que imprimir o taboleiro, pero agora que xa podemos volver a sair, isto xa non é tan difícil, agardo que vos guste! https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhr5LHh7vd_7mOGcVHWgTtcPWVKZDUbUzxDkMnu-eLjFrhsVk6aSD5vSFa4hllA5olZoL6wuKmA24zO4QU1QBEAMHbmrnBxaJALpt_RO-RaFM6Ov5Ar9JqUkV_rJeDeNxcMvpt2cwx9zZYO/s1600/1610284D-2D15-4790-8202-6A6A2FC5D982.jpeg 3.- Xoguenmos dende casa. (Dende infantil ata 6º de...

Móvete connosco na casa!

Imagen
Esta semana remitovos a proposta enviada pola conselleria de educación. Estas actividades consisten nuns vídeos  dunha serie de actividades físicas cunha duración de 15 minutos aproximadamente, deseñadas para ser desenvoltas na casa, sen apenas material específico e dunha maneira sinxela, divertida e significativa para o alumnado de educación primaria. Clip 1: A velocidade de reacción Clip 2: A forza-resistencia  Clip 3: Iniciación o ioga Agardo que sigades tod@s ben, apertas.

Propostas EF na casa. 27 de abril

Imagen
Bo día! Deíxovos a prosposta de actividades para esta semana: 1.- O dado deportivo. (Tódolos cursos) Terás que facer dous dados, un con tipos de exercicios e outro que será o número de repeticións. Tiras un e despois o outro e xa saberás cantas repeticións e de que exercicio che tocou facer! A divertirse! https://drive.google.com/file/d/1SGFoM3lRD2ZYnLIZ08kqxCFePFzSk9G4/view 2.- Monopoli matemático-deportivo para 3º, 4º, 5º e 6º  (Ollo! Precisase imprimilo!!) O famoso xogo do monopoli, coas mesmas regras pero con exercicios matemáticos e de EF, diversión asegurada. https://drive.google.com/file/d/1eWeUTPv7jJhgb8jvMUnmmM_dRsYKnGBU/view 3.- Sesión de floorball na casa. (Tódolos cursos) O floorball é o hockei escolar, só precisades un stick e unha pelota, non o tedes? é moi sin xelo fabricarse un stick cun pau dunha escoba e unha botella de auga agarrada con cinta ou fixo. Deíxovos esta sesión de floorball que podedes facer na casa sen problemas. https://d...

Máis actividades para EF na casa!! (20/4)

Imagen
Deíxovos algunha actividade máis para esta semana: 1º.- Retos de EF na casa durante o confinamento. (Tódolos cursos) É un video en Youtube que vai propoñendo varios retos, actividades variadas de EF que se poden facer na casa sen problema, a ver se vos gusta. Reto 1: Fútbol. https://www.youtube.com/watch?v=9nvJGS-jcks Reto 2: Malabares https://www.youtube.com/watch?v=LyQlx5PGSko Reto 3: Comba: https://www.youtube.com/watch?v=WQQ2BagiMgs 2º.- A oca Vedruna. (Tódolos cursos) Outra variante da oca de EF, ollo necesitades imprimir ou copiar o deseño para poder xogar, seguro que sodes capaces!! https://drive.google.com/file/d/121SQWJ_b63kAU6wvpx49AfcO0BLVoAEx/view 3º,- STARCORATARS (Tódolos cursos) Actividade moi fermosa lúdico-deportiva-músical baseada na construción de distintas estacións relacionadas con Star Wars https://drive.google.com/file/d/11EwE1ArfBeIlzfz5hdp4JoDz40AkL2bN/view Agardo que vos gusten e que sigades todos ben. Apertas para tod@s

Novas propostas de EF na casa

Imagen
Bo día rapazada deixovos novas propostas de E.F na casa para que poidades facer algo de actividade física coas vosas familias, agardo que vos gusten. 1.- Circuito de adestramento con 11 estacións para realizar en familia e na casa. Case non é necesario material e as actividades pódense modificar en función do nivel da persoa. Pódese facer por tempo ou por repeticións. Sempre con descansos en función do nivel. Para todos. https://view.genial.ly/5e734c1d8c5bba0f77f2bf5f/interactive-image-circuito-cfb-cuarentena 2.- Comecocos de papel con 8 exercicios ou actividades diferentes, fáciles e divertidas para o alumnado de primaria e infantil. https://drive.google.com/file/d/1tFQd3pATKmVk89g3u5I13Ysfxj1KcsR2/view 3.- Primeiros auxilios (Para 5º e 6º) Principios básicos de atención de posibles lesións que poden suceder tanto nas nosas clases de EF como nas nosas vidas cotiás, coñecementos sinxelos que todas e todos teriamos que coñecer para mellorar o noso estado de saúde. ht...

Queredes enviarme vídeos ou fotos do que estades facendo na casa?

Imagen
Bo día rapaces, se estades facendo algunha das rutinas, xogos ou propostas que vos deixei en entradas anteriores neste blog e queredes enviarmas, xa sexa en vídeos ou fotos para que poida velas, podedes enviarmas a esta dirección de correo electrónico: profeagusabelendo@gmail.com Desfrutade das vacacións! Vémonos nas pantallas!

Novas propostas de educación física na casa.

Imagen
Déixovos novas propostas de actividade para que manteñades a vosa saúde física e mental e  da vosa familia neste periodo tan especial das nosas vidas, agardo que vos gusten. 1.- Proxecto Efecto Vida Proxecto Efecto Vida para 1º e 2º curso. https://view.genial.ly/5e70f8bbbc60c602d6e8f541/presentation-efecto-vida-1o-y-2o Proxecto Efecto vida para 3º e 4º curso. https://view.genial.ly/5e70bea39bab6d0fc27db5c9/presentation-efecto-vida-3o-y-4o Proxecto Efecto vida para 5º e 6º curso. https://view.genial.ly/5e7085dd80c12e0fd1800c8f/presentation-efecto-vida-5o-y-6o 2.- Monopoly EF en familia. 3.- Xogo da Oca motriz para infantil e 1º e 2º de primaria. 4.- Xogos olimpicos na casa. Recibide unha forte aperta do voso mestre de EF

Educación Física na casa!

Imagen
Deixovos uns videos que poden ser de interese para que poidades traballar distintos aspectos da educación física na casa e con material sinxelo que todos podemos ter ao noso alcance. Un saúdo do voso mestre de EF

Información de interese sobre o Coronavirus (Covid-19 ou Sars-cov-2)

Imagen
Xoves 19 Marzo de 2020   Esta entrada vai dirixida as nais e pais do noso alumando.      Dende o departamento de E.F. quero axudar a difundir información importante que se esta tentando comunicar a poboación. Penso que é necesario e importante facelo porque estase xerando un exceso de información, e con este exceso xerase moito ruído informativo  que dificulta o acceso a información verdadeiramente importante. As cadeas que se están difundindo especialmente por Whatsapp ou Facebook están divulgando embustes e chismes que tampouco están axudando en nada. Ante isto recomendámosvos que atendades só a información que proveña de fontes fiables como poden ser os Sergas, o ministerio de sanidade, organizacións gobernamentais, a Organización mundial da saúde, Universidades de prestixio, ou artigos de rigor científico publicados en revistas científicas coñecidas, como poden ser Science, The Lancet, etc. Entendemos que non é doado facer este cribado ...

Lembrade a importancia de extremar as medidas de hixiene!

Imagen
Dende o departamento de EF lembrámosvos a importancia de extremar as medidas de hixiene estes días para coidar dos nosos achegados. Deixámosvos unhas ligazóns sobre este tema que poden ser do voso interese: 

Xornada deportiva no cole de Castrillón. XOGADE

Imagen
Este martes 3 de marzo o alumnado de 3º e 4º curso participou nunha xornada deportiva do programa XOGADE. A xornada organizada polos departamentos de educación física dos centros participantes consistíu nunha xornada de convivencia e actividades deportivas entre os colexios CEIP de Espiñeira de Aldán, CEIP de Castrillón de Coiro e o noso cole, o CEIP de Abelendo. O alumnado disposto en 16 equipos de 8 xogadores, formados polo alumnado dos 3 colexios misturados disputaron varios partidos de datchball, colpbol, balonmán e xadrez, tamén desfrutaron dun tempo de lecer no que ademais de descansar e merendar puideron tecer lazos de amizade co alumnado dos outros coles participantes da xornada. Na próxima data, que será o martes 17 de marzo, será a quenda do alumnado de 5º e 6º curso que se desprazará ata o CEIP de Quintela para desfrutar dunha xornada similar de deporte e convivencia coa rapazada doutros coles das súas mesmas idades.