Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2020

Novas propostas de educación física na casa.

Imagen
Déixovos novas propostas de actividade para que manteñades a vosa saúde física e mental e  da vosa familia neste periodo tan especial das nosas vidas, agardo que vos gusten. 1.- Proxecto Efecto Vida Proxecto Efecto Vida para 1º e 2º curso. https://view.genial.ly/5e70f8bbbc60c602d6e8f541/presentation-efecto-vida-1o-y-2o Proxecto Efecto vida para 3º e 4º curso. https://view.genial.ly/5e70bea39bab6d0fc27db5c9/presentation-efecto-vida-3o-y-4o Proxecto Efecto vida para 5º e 6º curso. https://view.genial.ly/5e7085dd80c12e0fd1800c8f/presentation-efecto-vida-5o-y-6o 2.- Monopoly EF en familia. 3.- Xogo da Oca motriz para infantil e 1º e 2º de primaria. 4.- Xogos olimpicos na casa. Recibide unha forte aperta do voso mestre de EF

Educación Física na casa!

Imagen
Deixovos uns videos que poden ser de interese para que poidades traballar distintos aspectos da educación física na casa e con material sinxelo que todos podemos ter ao noso alcance. Un saúdo do voso mestre de EF

Información de interese sobre o Coronavirus (Covid-19 ou Sars-cov-2)

Imagen
Xoves 19 Marzo de 2020   Esta entrada vai dirixida as nais e pais do noso alumando.      Dende o departamento de E.F. quero axudar a difundir información importante que se esta tentando comunicar a poboación. Penso que é necesario e importante facelo porque estase xerando un exceso de información, e con este exceso xerase moito ruído informativo  que dificulta o acceso a información verdadeiramente importante. As cadeas que se están difundindo especialmente por Whatsapp ou Facebook están divulgando embustes e chismes que tampouco están axudando en nada. Ante isto recomendámosvos que atendades só a información que proveña de fontes fiables como poden ser os Sergas, o ministerio de sanidade, organizacións gobernamentais, a Organización mundial da saúde, Universidades de prestixio, ou artigos de rigor científico publicados en revistas científicas coñecidas, como poden ser Science, The Lancet, etc. Entendemos que non é doado facer este cribado da información, é por isto qu

Lembrade a importancia de extremar as medidas de hixiene!

Imagen
Dende o departamento de EF lembrámosvos a importancia de extremar as medidas de hixiene estes días para coidar dos nosos achegados. Deixámosvos unhas ligazóns sobre este tema que poden ser do voso interese: 

Xornada deportiva no cole de Castrillón. XOGADE

Imagen
Este martes 3 de marzo o alumnado de 3º e 4º curso participou nunha xornada deportiva do programa XOGADE. A xornada organizada polos departamentos de educación física dos centros participantes consistíu nunha xornada de convivencia e actividades deportivas entre os colexios CEIP de Espiñeira de Aldán, CEIP de Castrillón de Coiro e o noso cole, o CEIP de Abelendo. O alumnado disposto en 16 equipos de 8 xogadores, formados polo alumnado dos 3 colexios misturados disputaron varios partidos de datchball, colpbol, balonmán e xadrez, tamén desfrutaron dun tempo de lecer no que ademais de descansar e merendar puideron tecer lazos de amizade co alumnado dos outros coles participantes da xornada. Na próxima data, que será o martes 17 de marzo, será a quenda do alumnado de 5º e 6º curso que se desprazará ata o CEIP de Quintela para desfrutar dunha xornada similar de deporte e convivencia coa rapazada doutros coles das súas mesmas idades.

O alumnado de 6º curso iniciouse nas actividades acuáticas

Imagen
Durante este mes de febreiro o alumnado de 6º curso investiu unha das súas horas semanais de EF en iniciarse nas actividades acuáticas. Para poder realizar esta actividade contamos coa colaboración do concello no transporte ata a piscina municipal, e coa colaboración da concesionaria da piscina municipal que neste programa de colaboración entre a mesma, o concello e os centros escolares cede as súas instalacións a un prezo moi económico. (5€ por neno as 4 sesións) As sesións de natación foron planificadas e impartidas polo mestre de E.F en colaboración coa titora de 6º curso, consistiron principalmente en actividades de flotación, propulsión, deslizamento, mergullo e técnica básica do estilo crawl e do estilo de costas. Dende o departamento de E.F facemos unha valoración positiva da actividade, pero consideramos as horas insuficientes, para o vindeiro curso proporemos valorar a posibilidade de dobrar o número de sesións.