Entradas

Video EF na casa

Imagen
Para despedir este curso 2019/2020 marcado por desgraza pola interrupción do curso escolar pola pandemia provocada polo SARS-COV-2 deíxovos esta montaxe cos traballos en video e foto que me enviastes durante estes meses. O vídeo esta pensado para mirarse en smartphone. Moitas grazas a todas e todos polo voso traballo, tamén as vosas familias pola sua colaboración, agardo que vos guste o vídeo e que despidamos este curso cun grande sorriso. Unha aperta moi grande para vos e as vosas familias. Pasade un bo verán!!

Problemas co envío de vídeos

Imagen
Bo día rapazada! Algúns de vos estadesme comentando que tedes problemas para enviarme os vídeos pois o "pesar" máis de 25 MB non vos deixa enviarmo o correo. Suxirovos varias opcións: - Usar We transfer: https://wetransfer.com/. Con esta ferramenta web só tedes que poñer o meu enderezo, subir o arquivo envialo e listo!! - Usar unha nube: Subides o voso arquivo a unha nube e enviadesme unha ligazón para que eu poida velo. Hai moitas nubes, seguramente as máis coñecidas son as de Google, Drive e Photos, pero tamén tedes as de Microsoft ou Apple e moitas outras. - Subilo a youtube: Subides o vídeo a youtube e mandadesme a ligazón. Para min é a menos recomendable pois é a que menos privacidade ofrece das 3 opcións. Subilo a Vimeo: Vimeo é unha plataforma similar a Youtube pero con máis opcións de privacidade. Agardo habervos axudado! Apertas!

Propostas EF na casa semana do 1 de xuño.

Imagen
Bo día rapazada!! Esta semana propóñovos repasar algunhas das propostas que o ministerio de educación nos fixo durante este tempo a través da canle de televisión ClanTV Propostas para alumnado de 6 a 8 anos: Propostas para alumnado de 9 a 12 anos Agardo que vos gusten!! Recordade que podedes enviarme os vosos vídeos ata o venres día 12 de xuño o enderezo electrónico: Apertas!!

Propostas EF na casa. Semana do 25 de maio.

Imagen
Bo día rapazada! As propostas para esta semana son: 1.- Loco Hotel . Para tódolos cursos. Xogo relacionado coa expresión corporal no que o alumnado debe utilizar nas súas casas 6 espazos distintos. https://drive.google.com/file/d/1HEfd0Qz7zdTLcVxBnhhLuE77GAhdzIQl/view 2.- Coronavirus Attack . Para tódolos cursos. Xogo de mesa motriz, similar a oca, con exercicios relacionados cos distintos bloques de contidos de EF. https://drive.google.com/file/d/1NiDP_PVYpqYk_lPue4vE_MKrlSM2ghIk/view 3.- Ioga para nenos de primaria . Para tódolos cursos Un vídeo cunha breve sesión de exercicos de relaxación e estiramentos inspirados nalgúns caso en posturas utilizadas en Ioga. https://www.youtube.com/watch?v=v1y_yANJob0&feature=youtu.be 4.- Xogo da escaleira . Pata tódolos cursos. Xogo da escaleira, similar a oca, con distintos exercicios. Pra que traballedes tamén un pouco o idioma estranxeiro este recurso está en inglés. https://drive.google.com/file/d/1ZxPAed4i7xUC

Propostas de EF na casa. Semana do 18 de maio.

Imagen
Deíxovos novas propostas para seguir facendo algo de exercico e coidando así a nosa saúde nas nosas  casas, agardo que vos gusten! 1º.- Un genially con propostas de exercicios válidas para tódolos cursos. https://view.genial.ly/5e9826d405770b0df1ef9d7f/horizontal-infographic-review-ef-dia-de-la-ef-en-casa 2º.- Proposta para facer figuras sinxelas de acrosport coas vosas familias. (1º a 6º de primaria) https://drive.google.com/file/d/1tG49vE-oU3gtnQ1NUILjY42Zu6csY9Ju/view 3º.- Gamificación baseada na serie "La casa de papel" para traballar sobre os valores do deporte e a EF, Válido para tódolos cursos. https://valoresdeldeporte2.wixsite.com/avemaria Agardo que vos gusten! Apertas!

Propostas de EF na casa. Semana do 11 de maio

Imagen
Bo día rapazada! Esta semana deíxovos varias propostas ben interesantes! 1.- Xogo de cartas "Flípame a EF!! (Dende infantil ata 6º de primaria) Tratase dun xogo de cartas tipo o UNO, pero con contidos saudables de EF. Persoalmente paréceme unha idea xenial este xogo. Hai que imprimir e recortar as cartas, nunha das cartas tedes as regras do xogo. Agardo que o disfrutedes! https://drive.google.com/file/d/1XYi_EMJM4GieFWasLWBBqgFZLgZI7vaC/view 2.- Oca dos habittos saudables (Dende infantil ata 6º de primaria) Deixovos outra oca dos hábitos saudables, hai que imprimir o taboleiro, pero agora que xa podemos volver a sair, isto xa non é tan difícil, agardo que vos guste! https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhr5LHh7vd_7mOGcVHWgTtcPWVKZDUbUzxDkMnu-eLjFrhsVk6aSD5vSFa4hllA5olZoL6wuKmA24zO4QU1QBEAMHbmrnBxaJALpt_RO-RaFM6Ov5Ar9JqUkV_rJeDeNxcMvpt2cwx9zZYO/s1600/1610284D-2D15-4790-8202-6A6A2FC5D982.jpeg 3.- Xoguenmos dende casa. (Dende infantil ata 6º de

Móvete connosco na casa!

Imagen
Esta semana remitovos a proposta enviada pola conselleria de educación. Estas actividades consisten nuns vídeos  dunha serie de actividades físicas cunha duración de 15 minutos aproximadamente, deseñadas para ser desenvoltas na casa, sen apenas material específico e dunha maneira sinxela, divertida e significativa para o alumnado de educación primaria. Clip 1: A velocidade de reacción Clip 2: A forza-resistencia  Clip 3: Iniciación o ioga Agardo que sigades tod@s ben, apertas.