Entradas

Mostrando entradas de enero, 2020

Participamos no campo a través da Xunqueira!

Imagen
Onte participamos nunha proba de campo a través na Xunqueira, a proba estivo moi ben organizada, e permitiunos desfrutar dunha xornada deportiva e saudable na que as crianzas participaron nunha mañá de convivencia e puideron ademais medirse a outras da súa idade.  A proba consistiu nun recorrido adaptado as idades dos participantes, dende os 1.500m que correron os de 6º curso, ata os 500m dos máis pequenos.    Os resultados non son o que nos move a participar nestas actividades, pero aínda así obtivemos uns bos resultados contando con varias medallas e diplomas conseguidas. Aquí abaixo deixámosvos unha ligazón a un álbum de fotos onde podedes ollar e descargar todas as fotos desta fermosa xornada. https://photos.app.goo.gl/Gj8AA9dxkbTpCbDb6 Moitas grazas a tod@s por participar! Un saúdo do departamento de E.F.