Entradas

Mostrando entradas de junio, 2020

Video EF na casa

Imagen
Para despedir este curso 2019/2020 marcado por desgraza pola interrupción do curso escolar pola pandemia provocada polo SARS-COV-2 deíxovos esta montaxe cos traballos en video e foto que me enviastes durante estes meses. O vídeo esta pensado para mirarse en smartphone. Moitas grazas a todas e todos polo voso traballo, tamén as vosas familias pola sua colaboración, agardo que vos guste o vídeo e que despidamos este curso cun grande sorriso. Unha aperta moi grande para vos e as vosas familias. Pasade un bo verán!!

Problemas co envío de vídeos

Imagen
Bo día rapazada! Algúns de vos estadesme comentando que tedes problemas para enviarme os vídeos pois o "pesar" máis de 25 MB non vos deixa enviarmo o correo. Suxirovos varias opcións: - Usar We transfer: https://wetransfer.com/. Con esta ferramenta web só tedes que poñer o meu enderezo, subir o arquivo envialo e listo!! - Usar unha nube: Subides o voso arquivo a unha nube e enviadesme unha ligazón para que eu poida velo. Hai moitas nubes, seguramente as máis coñecidas son as de Google, Drive e Photos, pero tamén tedes as de Microsoft ou Apple e moitas outras. - Subilo a youtube: Subides o vídeo a youtube e mandadesme a ligazón. Para min é a menos recomendable pois é a que menos privacidade ofrece das 3 opcións. Subilo a Vimeo: Vimeo é unha plataforma similar a Youtube pero con máis opcións de privacidade. Agardo habervos axudado! Apertas!

Propostas EF na casa semana do 1 de xuño.

Imagen
Bo día rapazada!! Esta semana propóñovos repasar algunhas das propostas que o ministerio de educación nos fixo durante este tempo a través da canle de televisión ClanTV Propostas para alumnado de 6 a 8 anos: Propostas para alumnado de 9 a 12 anos Agardo que vos gusten!! Recordade que podedes enviarme os vosos vídeos ata o venres día 12 de xuño o enderezo electrónico: Apertas!!