Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2020

Visitounos o club de fútbol sala feminino O fisgón

Imagen
Dentro da nosa idea de promoción do deporte e a vida saudábel, este mércores 5 de febreiro tivemos a sorte de que nos visitara o club de fútbol sala feminino “O Fisgón”.  Pilar a adestradora do equipo de 2ª nacional   xunto con máis membros do equipo déronnos unha clase onde o alumnado puido traballar técnica e táctica individual e colectiva. Animamos ao noso alumnado (especialmente as rapazas) a que se apunten a practicar este deporte. Moita sorte no voso proxecto e moitas grazas pola vosa visita.

Xa estamos desfrutando da zona de tenis de mesa!

Imagen
Seguimos propoñendo actividades para variar a oferta no recreo, dinamizando así o patio do que dispoñemos, e ampliando a oferta de xogos a realizar. Xa hai varias semanas que funciona a plena rendemento a zona de tenis de mesa, especialmente nos días de choiva nos que o alumnado non pode usar a pista de 40x20m o non estar cuberta. Proximamente coa chegada da primavera volveremos a montar o slack line!