Visitounos o club de fútbol sala feminino O fisgón


Dentro da nosa idea de promoción do deporte e a vida saudábel, este mércores 5 de febreiro tivemos a sorte de que nos visitara o club de fútbol sala feminino “O Fisgón”. 



Pilar a adestradora do equipo de 2ª nacional  xunto con máis membros do equipo déronnos unha clase onde o alumnado puido traballar técnica e táctica individual e colectiva.



Animamos ao noso alumnado (especialmente as rapazas) a que se apunten a practicar este deporte.
Moita sorte no voso proxecto e moitas grazas pola vosa visita.




Comentarios

Entradas populares de este blog

Novas propostas de educación física na casa.

Xa estamos desfrutando da zona de tenis de mesa!

Video EF na casa