Xornada deportiva no cole de Castrillón. XOGADE


Este martes 3 de marzo o alumnado de 3º e 4º curso participou nunha xornada deportiva do programa XOGADE.


A xornada organizada polos departamentos de educación física dos centros participantes consistíu nunha xornada de convivencia e actividades deportivas entre os colexios CEIP de Espiñeira de Aldán, CEIP de Castrillón de Coiro e o noso cole, o CEIP de Abelendo.


O alumnado disposto en 16 equipos de 8 xogadores, formados polo alumnado dos 3 colexios misturados disputaron varios partidos de datchball, colpbol, balonmán e xadrez, tamén desfrutaron dun tempo de lecer no que ademais de descansar e merendar puideron tecer lazos de amizade co alumnado dos outros coles participantes da xornada.


Na próxima data, que será o martes 17 de marzo, será a quenda do alumnado de 5º e 6º curso que se desprazará ata o CEIP de Quintela para desfrutar dunha xornada similar de deporte e convivencia coa rapazada doutros coles das súas mesmas idades.


Comentarios

Entradas populares de este blog

Novas propostas de educación física na casa.

Xa estamos desfrutando da zona de tenis de mesa!

Video EF na casa