O alumnado de 6º curso iniciouse nas actividades acuáticas



Durante este mes de febreiro o alumnado de 6º curso investiu unha das súas horas semanais de EF en iniciarse nas actividades acuáticas.




Para poder realizar esta actividade contamos coa colaboración do concello no transporte ata a piscina municipal, e coa colaboración da concesionaria da piscina municipal que neste programa de colaboración entre a mesma, o concello e os centros escolares cede as súas instalacións a un prezo moi económico. (5€ por neno as 4 sesións)




As sesións de natación foron planificadas e impartidas polo mestre de E.F en colaboración coa titora de 6º curso, consistiron principalmente en actividades de flotación, propulsión, deslizamento, mergullo e técnica básica do estilo crawl e do estilo de costas.


Dende o departamento de E.F facemos unha valoración positiva da actividade, pero consideramos as horas insuficientes, para o vindeiro curso proporemos valorar a posibilidade de dobrar o número de sesións.


                                              Un saúdo do departamento de E.F

Comentarios

Entradas populares de este blog

Novas propostas de educación física na casa.

Xa estamos desfrutando da zona de tenis de mesa!

Video EF na casa