Novas propostas de EF na casa
Bo día rapazada deixovos novas propostas de E.F na casa para que poidades facer algo de actividade física coas vosas familias, agardo que vos gusten.
1.- Circuito de adestramento con 11 estacións para realizar en familia e na casa. Case non é necesario material e as actividades pódense modificar en función do nivel da persoa. Pódese facer por tempo ou por repeticións. Sempre con descansos en función do nivel. Para todos.
https://view.genial.ly/5e734c1d8c5bba0f77f2bf5f/interactive-image-circuito-cfb-cuarentena
2.- Comecocos de papel con 8 exercicios ou actividades diferentes, fáciles e divertidas para o alumnado de primaria e infantil.
https://drive.google.com/file/d/1tFQd3pATKmVk89g3u5I13Ysfxj1KcsR2/view
3.- Primeiros auxilios (Para 5º e 6º)
Principios básicos de atención de posibles lesións que poden suceder tanto nas nosas clases de EF como nas nosas vidas cotiás, coñecementos sinxelos que todas e todos teriamos que coñecer para mellorar o noso estado de saúde.
https://drive.google.com/file/d/1HUUVTBo4Gtlhq5tZTkT69OAoL8eIZOX5/view
Comentarios
Publicar un comentario