Entradas

Propostas EF na casa. 27 de abril

Imagen
Bo día! Deíxovos a prosposta de actividades para esta semana: 1.- O dado deportivo. (Tódolos cursos) Terás que facer dous dados, un con tipos de exercicios e outro que será o número de repeticións. Tiras un e despois o outro e xa saberás cantas repeticións e de que exercicio che tocou facer! A divertirse! https://drive.google.com/file/d/1SGFoM3lRD2ZYnLIZ08kqxCFePFzSk9G4/view 2.- Monopoli matemático-deportivo para 3º, 4º, 5º e 6º  (Ollo! Precisase imprimilo!!) O famoso xogo do monopoli, coas mesmas regras pero con exercicios matemáticos e de EF, diversión asegurada. https://drive.google.com/file/d/1eWeUTPv7jJhgb8jvMUnmmM_dRsYKnGBU/view 3.- Sesión de floorball na casa. (Tódolos cursos) O floorball é o hockei escolar, só precisades un stick e unha pelota, non o tedes? é moi sin xelo fabricarse un stick cun pau dunha escoba e unha botella de auga agarrada con cinta ou fixo. Deíxovos esta sesión de floorball que podedes facer na casa sen problemas. https://d...

Máis actividades para EF na casa!! (20/4)

Imagen
Deíxovos algunha actividade máis para esta semana: 1º.- Retos de EF na casa durante o confinamento. (Tódolos cursos) É un video en Youtube que vai propoñendo varios retos, actividades variadas de EF que se poden facer na casa sen problema, a ver se vos gusta. Reto 1: Fútbol. https://www.youtube.com/watch?v=9nvJGS-jcks Reto 2: Malabares https://www.youtube.com/watch?v=LyQlx5PGSko Reto 3: Comba: https://www.youtube.com/watch?v=WQQ2BagiMgs 2º.- A oca Vedruna. (Tódolos cursos) Outra variante da oca de EF, ollo necesitades imprimir ou copiar o deseño para poder xogar, seguro que sodes capaces!! https://drive.google.com/file/d/121SQWJ_b63kAU6wvpx49AfcO0BLVoAEx/view 3º,- STARCORATARS (Tódolos cursos) Actividade moi fermosa lúdico-deportiva-músical baseada na construción de distintas estacións relacionadas con Star Wars https://drive.google.com/file/d/11EwE1ArfBeIlzfz5hdp4JoDz40AkL2bN/view Agardo que vos gusten e que sigades todos ben. Apertas para tod@s

Novas propostas de EF na casa

Imagen
Bo día rapazada deixovos novas propostas de E.F na casa para que poidades facer algo de actividade física coas vosas familias, agardo que vos gusten. 1.- Circuito de adestramento con 11 estacións para realizar en familia e na casa. Case non é necesario material e as actividades pódense modificar en función do nivel da persoa. Pódese facer por tempo ou por repeticións. Sempre con descansos en función do nivel. Para todos. https://view.genial.ly/5e734c1d8c5bba0f77f2bf5f/interactive-image-circuito-cfb-cuarentena 2.- Comecocos de papel con 8 exercicios ou actividades diferentes, fáciles e divertidas para o alumnado de primaria e infantil. https://drive.google.com/file/d/1tFQd3pATKmVk89g3u5I13Ysfxj1KcsR2/view 3.- Primeiros auxilios (Para 5º e 6º) Principios básicos de atención de posibles lesións que poden suceder tanto nas nosas clases de EF como nas nosas vidas cotiás, coñecementos sinxelos que todas e todos teriamos que coñecer para mellorar o noso estado de saúde. ht...

Queredes enviarme vídeos ou fotos do que estades facendo na casa?

Imagen
Bo día rapaces, se estades facendo algunha das rutinas, xogos ou propostas que vos deixei en entradas anteriores neste blog e queredes enviarmas, xa sexa en vídeos ou fotos para que poida velas, podedes enviarmas a esta dirección de correo electrónico: profeagusabelendo@gmail.com Desfrutade das vacacións! Vémonos nas pantallas!

Novas propostas de educación física na casa.

Imagen
Déixovos novas propostas de actividade para que manteñades a vosa saúde física e mental e  da vosa familia neste periodo tan especial das nosas vidas, agardo que vos gusten. 1.- Proxecto Efecto Vida Proxecto Efecto Vida para 1º e 2º curso. https://view.genial.ly/5e70f8bbbc60c602d6e8f541/presentation-efecto-vida-1o-y-2o Proxecto Efecto vida para 3º e 4º curso. https://view.genial.ly/5e70bea39bab6d0fc27db5c9/presentation-efecto-vida-3o-y-4o Proxecto Efecto vida para 5º e 6º curso. https://view.genial.ly/5e7085dd80c12e0fd1800c8f/presentation-efecto-vida-5o-y-6o 2.- Monopoly EF en familia. 3.- Xogo da Oca motriz para infantil e 1º e 2º de primaria. 4.- Xogos olimpicos na casa. Recibide unha forte aperta do voso mestre de EF

Educación Física na casa!

Imagen
Deixovos uns videos que poden ser de interese para que poidades traballar distintos aspectos da educación física na casa e con material sinxelo que todos podemos ter ao noso alcance. Un saúdo do voso mestre de EF

Información de interese sobre o Coronavirus (Covid-19 ou Sars-cov-2)

Imagen
Xoves 19 Marzo de 2020   Esta entrada vai dirixida as nais e pais do noso alumando.      Dende o departamento de E.F. quero axudar a difundir información importante que se esta tentando comunicar a poboación. Penso que é necesario e importante facelo porque estase xerando un exceso de información, e con este exceso xerase moito ruído informativo  que dificulta o acceso a información verdadeiramente importante. As cadeas que se están difundindo especialmente por Whatsapp ou Facebook están divulgando embustes e chismes que tampouco están axudando en nada. Ante isto recomendámosvos que atendades só a información que proveña de fontes fiables como poden ser os Sergas, o ministerio de sanidade, organizacións gobernamentais, a Organización mundial da saúde, Universidades de prestixio, ou artigos de rigor científico publicados en revistas científicas coñecidas, como poden ser Science, The Lancet, etc. Entendemos que non é doado facer este cribado ...